domingo, 29 de marzo de 2009

Miguel Solís


Miguel Solís Cuetos (San Fernando,Cádiz 1816 - Carral, A Coruña 1846), militar que en 1845 foi destinado á Coruña como primeiro comandante, onde frecuentou os círculos próximos a Doña Juana de Vega, uníndose á conspiración dos liberais.
O presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrontamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, sumandose nos días seguintes tropas de Santiago, Vigo e Pontevedra. O 15 de abril contituíuse en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as liberdades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galicia. O xeneral Narváez enviou tropas para recuperar o territorio.
Solís nomeado capitán xeral, ao mando de todos os exercitos sublevados, foi derrotado o 23 de abril na batalla de Cacheiras polas tropas do goberno central de Madrid, que foran enviadas polo xeneral Narváez para recuperar o territorio. Refuxase en Santiago de Compostela, pero acaba entregándose ás tropas lealistas. Foi xuzgado en Carral, onde morreu fusilado o 26 de abril con once dos seus oficiais (os Mártires de Carral) . O 27 de abril rendíanse os sublevados de Lugo e poñíase fin á sublevación
O levantamento de Miguel Solís en Lugo non tiña un carácter rexionalista, pero os líderes provincialistas que se sumaron, como Faraldo e Rodríguez Terrazo, incorporáronllo. O levantamento provocou o fusilamento de 12 oficiais (os Mártires de Carral) e o exilio dos dirixentes civís do mesmo. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904, por iniciativa da Liga Galega da Coruña.
A groria deste home quedou para sempre nas páxinas da historia galega, que respetou a memoria deste andaluz que morreu en terra galega para defender os ideais de liberdade e dunha Galicia digna e libre.
So foron 24 días de ilusión e progresismo contra o Goberno de Narváez, pero constitúeuse a primeira xeración galeguista, formada por persoas que confiaban en que se Solís obtiña éxito sería posible mellorar a situación de Galiza cun xeito distinto de facer política, sen ser unha "colonia da Corte” .O ideario galeguista prendeu axiña na intelectualidade, dando lugar o Rexurdimento.

No hay comentarios: