jueves, 26 de marzo de 2009

Manuel Murguía


Manuel Murguía (1833-1923), casado con Rosalía de Castro, a quen o unía a mentalidade liberal, é sen debida, unha das figuras históricas maís importantes da Galicia contemporánea. Fundador da historiografia galega do século XIX, e primeiro ideólogo do galeguismo. Novelista romántico na súa primeira xuventude, poeta, crítico de literatura e arte, periodista por necesidade ou por vocación segundo o caso, infatigable organizador de actividades e promotor de instititucións culturais galegas, arquiveiro e investigador sempre que llo permitiron, traballou en todos os campos do saber que considerou necesario para o renacer da galeguidade (filoloxía, lexicografia, gramática, prehistoria, folklore, antropoloxía..).
De tendencia rexionalista, a súa obra foi un precedente do nacionalismo posterior. Pertenceu ó grupo de historiadores románticos galegos que pretendían demostrar a existencia dunha nación galega con personalidade propia. Defendeu unha concepción diferencialista da nacionalidade galega para o que se baseou no específico da raza e na lingua de Galicia partindo da súa historia. Defendeu o mito celta como fundador da comunidade galega, e partiu deste para lexitimar os dereitos de Galicia, desenvolver unha cultura propia e aspirar a unha autonomía política.
Crea en 1890 a Asociación Rexionalista Galega, primeira organización política exclusivamente galega, e en 1897 a Liga Galega. En 1906 funda e preside ata a súa morte a Real Academia Galega. Estas institucións son claves para entender o florecente rexurdir da cultura galega e o nacemento e desenvolvemento do nacionalismo galego do primeiro tercio do século XX.

No hay comentarios: