jueves, 30 de octubre de 2008

Leccións dun vello mestre

A semana pasada presentabase en Ferrol o último libro de Santiago Carrillo, Dolores Ibárruri. Pasionaria, una fuerza de la naturaleza. O vello dirixente comunista, amáis de conservar unha gran lucidez intelectual, segue mostrando aos 93 anos a forza e a frescura dun xove revolucionario. Carrillo glosou a figura da Pasionaria, aquela muller que, procedente dunha familia de mineiros, “saída das entrañas do pobo”, e forxada nas loitas sindicais durante a ditadura de Primo de Rivera, liderou durante a Guerra Civil, nas trincheiras de Madrid, a defensa popular da República baixo a consigna do “No pasarán”. Daquela convertiuse nunha das personalidades políticas españolas máis recoñecidas internacionalmente.

Posteriormente, durante o seu exilio na URSS, coincidindo cos duros anos da Guerra Fría, dirixiu os destinos do PCE. A súa traxectoria política prolongouse ata os inicios da transición democrática cando, de volta a casa trala morte de Franco, foi elexida deputada nas primeiras eleccións democráticas. A Pasionaria foi unha auténtica precursora, como suliñaba Carrillo, de loitas que aínda hoxe en día seguen pendentes.

Non faltaron referencias por parte de Santiago Carrillo a situación política actual, á crise económica, á cuestión da memoria histórica -onde insistiu na necesidade de que o debate debe manterse no ámbito político e non no xurídico-, para acabar defendendo a unidade da esquerda en Europa, proceso -afirmaba- que debe ampliarse a movementos sociais tradicionalmente non marxistas.

martes, 28 de octubre de 2008

Mater España

De todas las historias de la Historia
la más triste es la de España
porque termina mal...
Jaime Gil de Biedma, "Apología y petición"

Tzvetan Todorov, o último Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais, afirmaba hai uns días que os acontecementos illados non teñen significión por sí mesmos. Na procura da comprensión dos feitos da nosa historia común e das circunstancias que os explican abrimos as páxinas desta bitácora co arrecendo da novidade e a sorpresa.

A Historia de España, a “Historia de Aquí” que decía Forges, é rica en acontecementos cuxa interpretación non debe levarnos a lecturas parciais nin unívocas. Esta canción de Joaquín Sabina, versión xenial do Viva l´Italia, de Francesco de Gregori, resume moitas das contradiccións coas que está feita a materia da nosa historia.