lunes, 3 de noviembre de 2008

O Camiño de San Andrés de Teixido

O día 17 de outubro, primeiro día das quintas xornadas da Asociación de Estudos Históricos Hume, poidemos disfrutar na nosa biblioteca da charla ofrecida por Jesús Andrés López Calvo, doutor en Teoloxía e Párroco de San Xoán de Ortoño (Ames).
Falounos do camiño de San Andrés de Teixido, dos distintos roteiros, dos diferentes hospitais que había nelas para repouso e sanación dos enfermos e das súas historias e lendas como a de que non se pode matar ningún animal pois son ánimas en pena que van camiño do santuario, segundo recolle o dito: A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.
Polo noso concello tamén pasaba un camiño que se dirixía ao santuario (e non só un, pois como Jesús ben dixo, o camiño faino o camiñante) e do que nos queda unha testemuña en San Andrés de Vilabella. Asemade, referíuse aos hospitais intramuros e extramuros que existían na nosa vila. O intramuros aínda se conserva na rúa San Xoán como demostra unha cruz dos hospitalarios existente na parte inferior dunha ventá. Do extramuros xa non se conserva nada.

No hay comentarios: