miércoles, 25 de febrero de 2009

Xenerais da comarca do Ulla


A comenzos do ano 1809 os veciños de Cotobade protagonizan, xunto cos de Caldevergazo (antiguo nome do concello de A Lama), Ponte Caldelas e otros dos contornos de Pontevedra, una páxina inolvidable na guerra da independencia contra os franceses.Constituíron postos de vixilancia chamados alarmas e acosaban ás tropas inimigas con todo tipo de armas das que poideran botar man entre as que estaban os famosos "canóns de pau" (troncos de roble baleirados e reforzados con argolas de ferro, e que resistia ata doce canonazos). O enfrontamento cos franceses mantívose de varias maneiras: atacando o 19 de febreiro, e obrigando a renderse as guarnicións gavachas de Borela, San Xurxo de Sacos e Tenorio, dificultando así os seus movementos; atacando o día 20 ás tropas francesas na cidade de Pontevedra, que querían desquitarse da acción do día anterior e obrigando aos franceses a baterse en retirada; rexeitandoos no seu intento de ocupar Cotobade e Ponte Caldelas; e participando na batalla de Ponte Sampaio o 7 de xuño, contribuíndo á derrota das forzas do Xeneral Ney.
Os xenerais do Ulla, son unha das máis orixinais manifestacións do folclore galego no Entoido, que a grandes rasgos vén sendo un enfrontamento verbal, con dose de crítica social e ironía de dous exércitos diferentes, un invasor e outro defensor. Entre as xentes de idade existe a crenza de que se trata dunha reminiscencia da loita contra os franceses na Guerra de Independecia aínda que tamén algúns pensan que pode ter que ver coas guerras carlistas.

jueves, 19 de febrero de 2009

O republicanismo en Galicia durante o Sexenio Democrático

A partir de 1868 os republicanos galegos inicianse como grupo organizado. José Maria Beranger pronunciase en Ferrol a favor do cambio de sistema, secundado noutras cidades galegas, e constituíronse Xuntas de Goberno, creandose nalgunhas delas milicias civis armadas (Voluntarios da Liberdade).
En outubro de 1868 créase en Madrid o Partido Democrático Republicano Federal. En Galicia os republicanos crearon Comités locais do Partido Federal, destacando como lider Federico Tapia.
Nas primeiras eleccións tras a revolución, os republicanos non triunfaron. A Constitución de 1869 foi democrática, pero con monarquía como forma de goberno para España. Os republicanos galegos opóñense e realizan actos para forzar un cambio no sistema,asinando diferentes pactos; o 18 de xullo asinouse na Coruña o Pacto galaico-asturiano, e o 30 de xullo o pacto federal nacional.
A partir de outubro de 1869, tiveron lugar numerosas insurreccións contra a Monarquía.
Os dirixentes federais de Madrid condenan o levantamento de outubro de 1872 en Ferrol, isto non gusta aos federais galegos e crean o Partido Republicano Federal de Galicia e a súa independencia dos organismos centrais de Madrid.
Tras a renuncia de Amadeo I ao trono, as Cortes proclaman a República o 11 de febreiro de 1873. Nalgúns concellos baixo a autoridade do Alcalde créase o corpo de Voluntarios da República.
Os federais obteñen un rotundo éxito electoral nas eleccións a Cortes celebradas en maio. En xuño as novas cortes proclaman a Répública, e os galegos logran algunha vella aspiración: o primeiro tramo en funcionamento do ferrocarril galego, a lei de redención de foros, reformas tributarias, defensa da autonomía cantonal..
As divisións internas, os problemas sociais e cantonais, a oposición de carlistas e os monárquicos debilitaron a Republica ata a súa desaparición.

viernes, 6 de febrero de 2009

Jorgito el Inglés

George Borrow, aventureiro e prosista inglés , coñecido familiarmente en España, como Don Jorgito el Inglés, naceu en East Dereham (Norfolk), o 5 de Xullo de 1803. Levou unha infancia vagabunda, acompañando o reximento no que servía o seu pai, un militar do exercito británico, mesturándose con bohemios que naquela época había nos condados de Inglaterra.
Comenzou os estudos en Dereham, e en 1813 foi xunto co seu irmán Jonh ao High Scholl de Edimburgo, de ahí pasou a Norwich, e en 1815 entrou na Academia protestante de Clonmel (Irlanda).
Despois de traballar nun bufete de avogado, e de escribir traducións por conta dun editor, abandona Londres e percorre boa parte de Inglaterra, relacionándose con xitanos.
Dende 1832, foi axente da British and Foreign Bible Society, intimamente unida á Igrexa Evanxélica, e en particular á Anglicana, A Sociedade propuxérase abrir unha tenda de Biblias en Madrid, e envia a Borrow para que supervise a sua tradución, impresión, edición e posterior distribución, chegando á capital desde Portugal por Badajoz, en plena guerra carlista.
O seu cometido era repartir biblias, pero o seu afán, era a nobre aventura, de aí que
o aventureiro e bohemio axente e a virtuosa e devota sociedade que o financiaba acabaran mal. Tampouco se libra de ir ao cárcere en Madrid e Sevilla por distribuir a Biblia sen permisos
Dominaba o redor de vinte idiomas, mais hai evidencia de que chegou a falar, escribir ou traducir ao redor duns cen.
Aparte das súas tradución, entre as que podemos salientar o do Testamento de San Lucas traducido ao caló e ao vasco,deixou outras obras, entre as que destacan:
The Bible in Spain (1842), unha estraña mestura de xitanos, xudaismo e aventuras misioneiras. Esforzouse por retratarse como un patriótico británico e un bravo protestante que cumpría a perigosa misión de propagar a fe nun violento país. Narra como ao chegar a fronteira hispano-lusa entre Elvas e Badajoz, decide facer noite nunha pousada onde se atopa cun grupo de xitanos, que se quedan sorprendidos ao oir ao gachó falar perfectamente o romaní. Explícalles os seus propósitos e o que parecía ser o xefe, un tratante de animais chamado Antonio (Pepindoiro), ofrecelle a súa compaña para un bo treito do camiño cara Madrid, xa que a viaxe é arriscada por ser tempos de guerra e de bandidos. Durante o traxecto ocorren unha serie de peripecias, coa detención de Antonio e a convivencia de Borrow coa familia do xitano durante un tempo.
Los Zincalí (1841), é un relato da súa estadía entre os xitanos.
Estas dúas obras teñen un gran valor literario e histórico, xa que ofrecen un interesante punto de vista e unha descrición da España desa época.
Morreu repentinamente en 1881 cando xa se atopaba en Inglaterra.