domingo, 23 de noviembre de 2008

Os nenos roubados do franquismo


Hoxe, 23 de novembro, apareceu un artigo no xornal La Voz de Galicia baseado na memoria histórica. Baltasar Garzón, nun auto que contiña o estremecedor relato duns nenos roubados aos roxos polo franquismo, pide que se investiguen por ser delitos permanentes. O xuíz baseouse en dous libros no que se inclúen varias testemuñas para iniciar esta investigación. En España, entre os anos 1937 e 1950, houbo un plan sistemático para sacarlle os fillos ás nais republicanas (mortas, presas, executadas, exiliadas ou desaparecidas) que se desenvolveu baixo cobertura legal. 30.000 nenos foron tutelados polo Estado e permitíaselle cambiarlles os apelidos segundo a lei de 1941 para que despois foran adoptados por xente afín ao Réxime ou secuestralos no extranxeiro para repatrialos. Aínda hoxe queda xente que non coñecen a súa verdadeira identidade nin quen foron os seus pais.
Vallejo Nágera, psicólogo prestixioso do Gabinete de Investigacións Psicolóxicas creado por Franco, defendía que existe “un xen roxo” que fai enfermar ás persoas e que o mellor é cós roxos non teñan fillos ou se os teñen, saparalos dos pais.
No xornal inclúense varias testemuñas, algunhas tan impresionantes como cás nais presas preferían cós seus fillos morreran cabo delas ou coma outra muller que lle sacaron o neno para levalo bautizar e non o volveu ver nunca máis.

No hay comentarios: