viernes, 21 de noviembre de 2008

Michel Ney


Michel Ney (Sarrelouis,10 de xaneiro de 1769- París,7 de decembro de 1815..Alístase coma soldado de cabalaria no exercito francés no ano 1787. Home impulsivo e con moita coraxe foi ascendido a xeneral en 1796. Cando Napoleón Bonaparte proclamou o Imperio, Ney foi ascendido a mariscal de Francia. Destacou nas batallas de Xena en 1806, Friedland en 1807 e Elchingen en 1808 (batalla coa que acadou o título de Duque o 6 de xuño de 1808).
Foi enviado por Napoleón á península Ibérica , e tras participar no avance sobre Madrid, actuou en diversas contendas en Galicia, Asturias e Portugal, aínda que tivo que retirarse ante o empuxe combinado das tropas regulares e das guerrillas.
Coa vitoria do mariscal Soult na batalla de Elviña (A Coruña) o 16 de xaneiro de 1809, quedou libre o paso aos franceses. Conquistan Vigo, Pontevedra e Tui. Soult pasa a Portugal, e o mariscal Ney centra a guarnición en Lugo recibindo as ordes de controlar o norte de Galicia e Asturias.
Organízanse alarmas populares nas comarcas galegas. En marzo, Ney trata de someter a costa occidental galega, pero non consegue acabar coas partidas das guerrillas que acosan os destacamentos franceses. A finais de marzo os galegos recuperan Vigo, Pontevedra e Tui, cortando os enlaces con Portugal. Soult regresa con dificultade a Galicia e reúnese con Ney o 29 de mayo en Lugo, onde deciden unha nova estratexia, na que Ney debía ir cara Pontevedra e Vigo coa intención de recuperar as cidades. Sae da Coruña con 8000 infantes, 12.000 xinetes e 13 canóns
Únense as forzas regulares españolas, batallóns de milicias populares galegas, e en Redondela (Pontevedra) os días 7, 8 e 9 de Xunio de 1809, librouse unha batalla na que as guerrillas galegas derrotaron ás tropas francesas do mariscal Ney , que dá a orde da retirada, marchando cara Astorga.
Distinguíuse polo seu valor durante a campaña de Rusia de 1812, e tras a batalla de Borodino foi nomeado príncipe de Moskova, o 25 de marzo de 1813.
Os Borbóns reclaman o trono e Napoleón é aconsellado por Ney para que abdique e se exilie, pasando este a colaborar coa monarquía restaurada.
Tras a capitulación de Paris en 1815, Napoleón escapou da illa de Elba e regresou a Francia; Ney foi enviado para deter o avance, pero en lugar de defender a monarquía borbónica, desertou e pasouse co seu exército ás tropas de Napoleón
Durante a campaña dos Cen Días, liderou as forzas francesas na batalla de Quatre Bras, nun dos combates preliminares da batalla de Waterloo, na que loitou ao frente da cabalaria napoleónica, sen poder deter aos homes do xeneral británico Duque de Wellington.
Napoleón é derrotado, destronado e exiliado por segunda vez no verán de 1815, e Ney, como castigo exemplar para outros mariscais e xenerais, foi condeado por traizón a morrer nun pelotón de fusilamento en Paris o 7 de decembro de 1815.
Como privilexio permitíuselle dirixir a el mesmo as ordes do pelotón e non ser vendado nin atado. Contan os cornistas que así sucedeu, e que o corpo ensanguentado foi retirado moi rapidamente e levado a un hospital sen que se permitise a súa visita. Ao seu funeral nin sequera foi a súa dona, feito curioso onde comeza a lenda de Ney. Existe unha versión que di que o fusilamento foi unha montaxe para permitir a súa fuxida de Francia. Suponse que se lle permitiu ir ao fusilamento sen vendas para preparar a farsa dotándoo dunha botella con sangue que vertería no momento en que aos soldados se lle dese a orde de disparar. Retiraríase o corpo rapidamente para facilitarlle a fuxida cara os Estados Unidos, onde se di que impartiu clases durante corenta anos. No momento da súa morte, o médico que o asistía, tras comprobar que tiña todo o corpo cheo de feridas de guerra, preguntoulle quen era e el dixo: Michel Ney

No hay comentarios: