lunes, 3 de noviembre de 2008

Vida cotiá no Antigo Réxime

O pasado venres 24 de outubro tivemos na nosa vila nova xornada na biblioteca municipal na que Serxio Paz Roca, historiador, falounos de como era a vida cotiá dos galegos no Antigo Réxime.
Contounos cousas tan interesantes como que antes, a xente almorzaba unha especie de “líquido branco” que consistía en pouco leite e moita auga para que chegara a todos os membros da familia. Ao xantar, tomaban o caldo e, se con sorte lles sobraba algo, o ceaban.
Tamén nos contou que nesta época foi cando se comenzaron a facer os primeiros censos de poboación pero que só se contaba ao cabeza de familia. Dependendo da época, un cabeza de familia multiplicábase por 3, 4 ou 5 persoas, por iso os censos son aproximados.
A poboación dedicábase sobre todo á agricultura. Unha época de mala colleita supoñía fame todo o ano. As terras pertencían á Igrexa e á nobreza sendo moi poucos os pequenos propietarios. Galicia estaba moi retrasada con respecto a outras zonas, chegando a revolución industrial a mediados do século XX.
As desamortizacións foron outro tema a tratar.
Para finalizar, púxonos un video que contiña entrevistas feitas a veciños maiores da comarca do Eume que contaban as súas vivencias sobre a súa infancia. Como puidemos ver, a vida dos nosos bisavós e avós non foi tan diferente á das persoas no Antigo Réxime.

Tivemos ocasión de realizarlle unha pequena entrevista a Serxio.

Pregunta: Que lle parecen as xornadas que a Asociación Hume está a realizar?
Resposta: Moi boa cousa, porque coñecer o pasado é imprescindible para entender o presente e tratar de facer un futuro mellor.

P:A vida no Antigo Réxime era moi dura pero tería algúns aspectos positivos. Poderíanos sinalar algún?
R: Aspectos positivos? Pois o traballo comunal, a solidariedade daquela época que hoxe en día non existe. Hoxe en día toda a xente vai á súa bola e sen embargo, no Antigo Réxime, aínda fóra da familia, normalmente a xente axudábase no que fora.

P: Vostede participou no proxecto de toponimia de Galicia na fundación Ortegalia de Ortiguiera, poderíanos explicar a orixe dalgún topónimo relacionado co noso concello?
R: Sen ir máis lonxe, Mourela, a raíz está aí, nos mouros. Por qué llo puxeron? Pois probablemente como a tradición oral de Galicia di, era un sitio onde había mámoas, un sitio onde habitaban os mouros pode ser, un sitio onde habitaban os mouros por haber mámoas e onde había un cículo lítico, en tempos.


P: Como técnico- historiador da Asociación Euro Eume, considera que hai interese na comarca polo patrimonio, historia… ?
R: Cada vez maís,é bo, lóxico tendo en conta que cada vez se pode destinar máis recursos á conservación do patrimonio, penso que cada vez hai máis.


P: Na actualidade, as carreiras de humanidades cada vez están menos solicitadas e máis rexeitadas. Vostede é historiador, que futuro lle ve a estas carreiras?
R: O que hai que buscasrlle é utilidade na sociedade, se a sociedade non as ve como algo útil… A xente me dicía por que estudias historia se está nos libros, estudia unha carreira técnica ou sanitaria. A historia non é iso, polo menos no meu caso. A historia é chega a comprender como funciona a sociedade ao longo dos séculos e dos milenios porque ese coñecemento da sociedade, do pasado pódenos axudar a comprender porque actuamos así e cara onde podemos ir e darlle utilidade social que concretando un pouco máis, ten que ser utilidade económica. Se se lle dera un pouco máis utilidade económica as carreiras de humanidades, dende logo que ían ter moita saída

Moitas gracias

No hay comentarios: