lunes, 3 de noviembre de 2008

A Emigración

E finalizaron estas quintas xornadas de Estudo Históricos Hume coa charla de Carlos Nuevo Cal, mestre e historiador e actual Cronista Oficial de Viveiro.
Falounos sobre a emigración en Galicia. As primeiras emigracións foron na costa lucense, pois a xente que vivía preto do mar tíñao máis doado. Despois, a emigración foise extendendo cara o interior. A xente que marchaba eran principalmente rapaces de 14 a 20 anos e os principais lugares aos que se dirixían os galegos eran á Cuba e á Arxentina. Unha vez aló, chamaban polos que quedaban en Galicia. Mais tarde, representantes da industria naveira, ían polas casas para chamar aos homes á emigración. Algúns deles retornaban con cartos para a casa mais moitos deles quedaban alá e outros cando volvían, facíano enfermos e tuberculosos.
Para finalizar, púxonos unhas diapositivas nas que puidemos ver as casas dos emigrantes (con modelos indianos), xornais, escolas feitas con cartos procedentes dos emigrados…

No hay comentarios: