jueves, 19 de febrero de 2009

O republicanismo en Galicia durante o Sexenio Democrático

A partir de 1868 os republicanos galegos inicianse como grupo organizado. José Maria Beranger pronunciase en Ferrol a favor do cambio de sistema, secundado noutras cidades galegas, e constituíronse Xuntas de Goberno, creandose nalgunhas delas milicias civis armadas (Voluntarios da Liberdade).
En outubro de 1868 créase en Madrid o Partido Democrático Republicano Federal. En Galicia os republicanos crearon Comités locais do Partido Federal, destacando como lider Federico Tapia.
Nas primeiras eleccións tras a revolución, os republicanos non triunfaron. A Constitución de 1869 foi democrática, pero con monarquía como forma de goberno para España. Os republicanos galegos opóñense e realizan actos para forzar un cambio no sistema,asinando diferentes pactos; o 18 de xullo asinouse na Coruña o Pacto galaico-asturiano, e o 30 de xullo o pacto federal nacional.
A partir de outubro de 1869, tiveron lugar numerosas insurreccións contra a Monarquía.
Os dirixentes federais de Madrid condenan o levantamento de outubro de 1872 en Ferrol, isto non gusta aos federais galegos e crean o Partido Republicano Federal de Galicia e a súa independencia dos organismos centrais de Madrid.
Tras a renuncia de Amadeo I ao trono, as Cortes proclaman a República o 11 de febreiro de 1873. Nalgúns concellos baixo a autoridade do Alcalde créase o corpo de Voluntarios da República.
Os federais obteñen un rotundo éxito electoral nas eleccións a Cortes celebradas en maio. En xuño as novas cortes proclaman a Répública, e os galegos logran algunha vella aspiración: o primeiro tramo en funcionamento do ferrocarril galego, a lei de redención de foros, reformas tributarias, defensa da autonomía cantonal..
As divisións internas, os problemas sociais e cantonais, a oposición de carlistas e os monárquicos debilitaron a Republica ata a súa desaparición.

No hay comentarios: