domingo, 19 de abril de 2009

Concepción Arenal


Mi vida ¿a quién importa?

¿Quién soy?

Una hoja caída

que un día barrerá

el huracán (...)


Concepción Arenal naceu en Ferrol no ano 1820. A súa nenez transcorreu na Coruña. O seu pai, foi un militar que estivo moitas veces na cárcere pola súa ideoloxía liberal e por estar en contra do réxime monárquico absolutista do rei Fernando VII. A consecuencia das súas estancias en prisión enferma e morre, quedando Concepción Arenal orfa aos 8 anos. O recordo do seu pai será unha guía para a súa comprensión da dor humana. Nese mesmo ano marcha coa súa nai a Cantabria, e anos máis tarde, no 1834, marchan a Madrid, onde estuda nun colexio para señoritas. En 1842 entra por primeira vez na Universidade. Foi a primeira muller en estudar nas aulas da Universidade Complutense de Madrid. Para poder ingresar ( e para poder participar nas tertulias políticas e literarias, defendendo en máis dunha ocasión os dereitos das mulleres) tivo que vestirse de home.
Casa co avogado Fernando García Carrasco, home capaz de entender e aceptar a actitude combativa de Concepción ante as inxusticias da súa época. O matrimonio, gáñase a vida escribindo para o xornal La Iberia, onde Fernando chega a ser editorialista e redactor. En xaneiro de 1857 Fernando García morre,e Concepción Arenal decide trasladarse a Asturias e posteriormente a Portes (Cantabria) onde funda en 1859 o grupo feminino de Conferencias de San Vicente de Paúl para axudar aos pobres.
En 1868, aceptou o cargo de inspectora de Casas de Corrección de Mulleres, cargo que ocupou ata 1873. Tres anos máis tarde, comenzou a colaborar coa revista La Voz de la Caridad, de Madrid, para a cal escribeu durante catorce anos sobre as miserias do mundo que a rodeaba
Como xornalista reivindicou situacións marxinais, un dos aspectos máis progresistas foi a consideración da muller como ser humano marxinado.
Publicou libros de poesía e ensaio: Cartas a los delincuentes (1865), Oda a la esclavitud (1866),, El reo, el pueblo y el verdugo o La ejecución de la pena de muerte (1867)
Activista convencida das súas ideas, sustentadas nos seus artigos e libros: coñeceu o horror das cárceres, o maltrato e miseria dos hospicios e manicomios. Na guerra civil carlista acompañou ás tropas cristiás para atender os feridos de ambos bandos, e dirixiu o hospital de campaña que se montou para atender os moribundos e feridos.
Foi nomeada visitadora de prisións e inspectora de casas de corrección de mulleres,
secretaria xeral da Cruz Vermella, membro da Xunta Directiva do Ateneo de Señoras.
A comezos dos anos noventa cambia a súa residencia para Vigo, onde falece.


Concepción deixounos varias frases délebres que reflicten moi ben o seu pensamento.


"Non é tan culpable o que descoñece un deber como o que o acepta e o pisa."


"O home que se levanta é ainda máis grande có que non caeu."


"As forzas que se asocian para o ben non se suman, multiplícanse."

No hay comentarios: