sábado, 10 de enero de 2009

As Sociedades Patrióticas


Trala revolución de Riego,que daría lugar ao Trienio Liberal (1820-1823), os liberais acostumaban reunirse para comunicarse as novas, ler os xornais, propoñer ideas, solucións... Xurdiron así, as Sociedades Patrióticas por toda España. Tratábanse dunha especie de clubes cuxa función era a de difundir o liberalismo ao pobo nos locais onde celebraban os seus encontros. Se non chegaron a significar o que os clubes xacobinos supuxeron en Francia, si que son moi importantes para entender a política do Trienio. As Sociedades Patrióticas tiñan coma lugares de reunión dende os cafés públicos, ata as casas particulares, pasando polos teatros e os conventos desamortizados. Unha das máis famosas foi a que tiña por sé o café La Fontana de Oro en Madrid e que deu título a unha coñecida novela de Benito Pérez Galdós. Proliferaron tamén estas sociedades no sur de España e, especialmente, en Cádiz, Sevilla, San Fernándo, Granada... Señálase que chegou a haber 270 fundadas en 164 vilas e cidades de toda España. As Sociedades Patrióticas reflectiron unha notable diversidade ideolóxica, nun momento no que reinaba no país a confusión e a volubilidade das diferentes actitudes políticas. Tamén mostraron unha gran diversidade no plano rexional e local, seguindo as modalidades particulares de cada zona.
Aínda que continuou habendo Sociedades Patrióticas durante todo o século XIX, tiveron o seu maior apoxeo no Trienio Liberal (1820-1823).

No hay comentarios: