sábado, 31 de enero de 2009

Batalla de Elviña

O pasado 16 de xaneiro cumpríronse 200 anos da batalla de Elviña, un de tantos capítulos da loita contra o Imperio Napoleónico francés na Guerra da Independencia española. Tropas inglesas prestaron a súa axuda e loitaron a carón das españolas contra os invasores galos.
O exercito inglés, mandado polo xeneral escocés Sir John Moore, e presionado polo exercito francés o mando do mariscal Soult, comenza unha retirada dende terras leonesas en dirección norte, que os leva a cruzar toda Galicia coa intención de embarcar na Coruña.
O obxetivo inglés era protexer o porto coruñés para permitir o embarque das tropas, mentras que os franceses intentaban chegar a costa para evitar o acceso as naves e incluso afundilas.
A última liña de defensa constitúese en Elviña, nas inmediacións da Coruña nas que se achaban fondeados os barcos da Royal Navy, dispostos para evacuar.
O 16 de xaneiro de 1809 prodúcese o encontro entre o minguado exercito inglés, situado nos montes próximos o río Maro e o francés, atopado en Peñasquedo. O xeneral Moore, collendo o mellor que quedaba das tropas británicas, propúxose a protexer a evacuación enfrentándose aos franceses e conseguiu evitar a destrución total, dándolle tempo a embarcar nos navios ancorados no porto. O propio Moore foi ferido de morte na batalla por un proxectil de canón, pero coa satisfacción de ver o seu exército a salvo.


No hay comentarios: