A Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes organiza para este sábado 24 de outubro, no C.P.I. "Monte Caxado", unhas xornadas etnográficas centradas no universo imaxinario dos mouros e onde se analizarán, entre outros temas, a mouramia en Galicia, o proxecto museístico do C.P.I "Monte Caxado" ou os inicios da investigación arqueolóxica na comarca das Pontes.
"As Xornadas Mouras queren ser unha fiestra aberta á actualidade do noso patrimonio cultural. Un punto de encontro entre todas as persoas que dun xeito ou outro senten o patrimonio como algo propio, como algo noso. Unha oportunidade para descubrir o noso territorio: as estruturas, os espazos, os documentos, as tradicións... Tamén para coñecer proxectos senlleiros de recuperación e posta en valor.
En definitiva, unha xornada para coñecernos e compartir ideas, proxectos e iniciativas que poden axudar a pór en valor o legado dos nosos devanceiros."
No hay comentarios:
Publicar un comentario