lunes, 7 de diciembre de 2009

Outono ártabro

Ardóbriga, a asociación cultural para a protección do patrimonio de Pontedeume e Miño está a organizar as súas primeiras xornadas.

A primeira tivo lugar o pasado venres 4 no centro municipal de maiores, onde a arqueóloga Matilde González Méndez impartiu a charla: Os castros: pegadas do pasado, oportunidades de futuro.

O programa Outono Ártabro supón a continuación dunha serie de actividades de comunicación coa sociedade iniciada con artigos de presentación da asociación publicados en diferentes medios do eido comarcal. Teñen como fío conductor a divulgación de experiencias de posta en valor de bens do patrimonio arqueolóxico levadas a cabo con éxito e rendibilidade en diferentes lugares de Galicia. Os poñentes comunicadores destas experiencias son profesionais de prestixio na arqueoloxía que traballaron tanto nos xacementos como na creación de centros de interpretación dos mesmos. O que pretendemos en definitiva é fomentar ante a sociedade o interés pola conservación do patrimonio arqueolóxico a través da percepción do potencial cultural e económico que representa.

Ademáis, na súa curta andaina, a asociacón Ardóbriga leva feita unha, polo momento, invisible labor de recopilación da microtoponimia da parroquia eumesa de Boebre, esa parte do patrimonio que por ser inmaterial non é menos importante e si máis necesitada de protección.