domingo, 29 de marzo de 2009

Miguel Solís


Miguel Solís Cuetos (San Fernando,Cádiz 1816 - Carral, A Coruña 1846), militar que en 1845 foi destinado á Coruña como primeiro comandante, onde frecuentou os círculos próximos a Doña Juana de Vega, uníndose á conspiración dos liberais.
O presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrontamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, sumandose nos días seguintes tropas de Santiago, Vigo e Pontevedra. O 15 de abril contituíuse en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as liberdades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galicia. O xeneral Narváez enviou tropas para recuperar o territorio.
Solís nomeado capitán xeral, ao mando de todos os exercitos sublevados, foi derrotado o 23 de abril na batalla de Cacheiras polas tropas do goberno central de Madrid, que foran enviadas polo xeneral Narváez para recuperar o territorio. Refuxase en Santiago de Compostela, pero acaba entregándose ás tropas lealistas. Foi xuzgado en Carral, onde morreu fusilado o 26 de abril con once dos seus oficiais (os Mártires de Carral) . O 27 de abril rendíanse os sublevados de Lugo e poñíase fin á sublevación
O levantamento de Miguel Solís en Lugo non tiña un carácter rexionalista, pero os líderes provincialistas que se sumaron, como Faraldo e Rodríguez Terrazo, incorporáronllo. O levantamento provocou o fusilamento de 12 oficiais (os Mártires de Carral) e o exilio dos dirixentes civís do mesmo. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904, por iniciativa da Liga Galega da Coruña.
A groria deste home quedou para sempre nas páxinas da historia galega, que respetou a memoria deste andaluz que morreu en terra galega para defender os ideais de liberdade e dunha Galicia digna e libre.
So foron 24 días de ilusión e progresismo contra o Goberno de Narváez, pero constitúeuse a primeira xeración galeguista, formada por persoas que confiaban en que se Solís obtiña éxito sería posible mellorar a situación de Galiza cun xeito distinto de facer política, sen ser unha "colonia da Corte” .O ideario galeguista prendeu axiña na intelectualidade, dando lugar o Rexurdimento.

viernes, 27 de marzo de 2009

Sabino Arana Goiri


Sabino Arana Goiri (1865-1903), político, escritor e ideólogo ao que se lle considera o pai do nacionalismo vasco.
Ao morrer a súa nai interrompe os seus estudos de Dereiro na Universidade de Barcelona, e adícase á investigación histórica e filolóxica, obsesionado pola identidade do pobo vasco.
Proporcionou os primeiros alicerces teóricos ao nacionalismo vasco, unindo a tese da independencia para Euskal Herria cunha ríxida relixiosidade e unha posición aburguesada fronte ás problemáticas sociais. Dotou o seu movemento dun tinte tradicionalista (reclamación dos fueros como constitución propia do país) e dun confesionalismo católico que case toca o integrismo.
Fundou o Eusko Alderdi Jeltzalea-Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV), partido que dirixiu, e polo que chegou a ser Diputado provincial de Vizcaia. A ideoloxía deste partido baseábase inicialmente no antiespañolismo, e na recuperción das formas de vida tradicionais dos vascos, e no plantexamento da creación dun Estado vasco independente formado polas tres provincias vascas españolas, Navarra e o País Vasco francés. A el tamén se lle deben distintos símbolos, como a ikurriña, actual bandeira do País Vasco.
Participou en diversas publicacións periódicas e escribiu traballos de revalorización da cultura autóctona, sobre todo lingüísticos
A súa ideoloxía , racista e reaccionaria, non desentoaba no contexto europeo de fin de século, no que proliferaban os nacionalismos xenófobos. Na actualidade o seu pensamento continúa sendo pólemico xa que é moi criticado polos sus detractores , que denuncian un suposto fundamento racista e xenófobo; e xustificado polos seus seguidores , que din que as críticas veñen sobre todo do nacionalismo español, sen ter en conta o contexto histórico da época

jueves, 26 de marzo de 2009

Manuel Murguía


Manuel Murguía (1833-1923), casado con Rosalía de Castro, a quen o unía a mentalidade liberal, é sen debida, unha das figuras históricas maís importantes da Galicia contemporánea. Fundador da historiografia galega do século XIX, e primeiro ideólogo do galeguismo. Novelista romántico na súa primeira xuventude, poeta, crítico de literatura e arte, periodista por necesidade ou por vocación segundo o caso, infatigable organizador de actividades e promotor de instititucións culturais galegas, arquiveiro e investigador sempre que llo permitiron, traballou en todos os campos do saber que considerou necesario para o renacer da galeguidade (filoloxía, lexicografia, gramática, prehistoria, folklore, antropoloxía..).
De tendencia rexionalista, a súa obra foi un precedente do nacionalismo posterior. Pertenceu ó grupo de historiadores románticos galegos que pretendían demostrar a existencia dunha nación galega con personalidade propia. Defendeu unha concepción diferencialista da nacionalidade galega para o que se baseou no específico da raza e na lingua de Galicia partindo da súa historia. Defendeu o mito celta como fundador da comunidade galega, e partiu deste para lexitimar os dereitos de Galicia, desenvolver unha cultura propia e aspirar a unha autonomía política.
Crea en 1890 a Asociación Rexionalista Galega, primeira organización política exclusivamente galega, e en 1897 a Liga Galega. En 1906 funda e preside ata a súa morte a Real Academia Galega. Estas institucións son claves para entender o florecente rexurdir da cultura galega e o nacemento e desenvolvemento do nacionalismo galego do primeiro tercio do século XX.

lunes, 23 de marzo de 2009

O bandoleirismo na comarca das Pontes

A situación social e económica que atravesa Galicia ao longo do século XIX favoreceu, como noutras rexións de España, o fenómeno do bandoleirismo.

A guerra da Independencia foi o seu caldo de cultivo. As dificultades da posguerra, a crise política case permanente, a inseguridade creada polas partidas realistas, o estancamento das estructuras productivas, a gravosa fiscalidade -os temidos "trabucos"-, e as crises de subsistencia provocan un aumento da marxinalidade nos sectores rurais máis desfavorecidos, de onde proceden a maioría dos membros que integran as gavelas, que devastan con periódica regularidade tanto as facendas dos máis pudentes como as casas dos labregos.

"En los años 10 y 11 [numerosas gavelas] espantaron no pequeña parte de la población con sus atrocidades, violentos robos, crueles y sacrílegas muertes dadas con los trabucos y carabinas de que solían armarse a personas de ambos sexos y estados. Esta inhumana milicia era compuesta de crecido número de individuos, hombres y mujeres, unos ejecutores, otros receptadores y alcahuetes, capitaneados de los más valerosos y atroces, cuyos motes adquiridos por sus hazañas por sí solos causas espanto: el Tigre, el Fiero, el Fibillas, el Pirillas, el Demo vivo, y así otros..." (Saurín de la Iglesia, Rosa Mª, Apuntes y documentos para una Hª de Galicia en el siglo XIX, A Coruña, 1977).

Era éste un bandoleirismo moi afastado do modelo clásico andaluz, onde o bandido é unha figura heróica, xenerosa e admirada pola comunidade; bandoleirismo que garda similitudes co que Hobsbawm denomina "bandoleirismo social". O galego é un bandoleirismo case inominado, que apenas deixa lembranza de nomes na memoria popular, a excepción dos citados e doutros poucos, como o Sopiñas, Manuel Balseiro -que menciona Baroja en La casa del crimen- ou Mamede Casanova, o derradeiro bandoleiro galego, que Valle-Inclán retratou con simpatía. A violencia xusticieira do bandoleirismo convírtese en gratuita e brutal no caso galego; é frecuente a ritualización da matanza do porco ou as torturas sexuais. O bandoleiro e, polo tanto, unha figura odiada e os seus latrocinios espertan a solidaridade dunha comunidade que condena os delictos que atentan contra a propiedade. Aínda que os obxectivos son variados, abundan os roubos ás rectorais. Isto explica o aspecto de casas fortes que presentan, con grosos muros e troneiras, e tamén que o arcebispo de Santiago solicite ao Gobernador da Coruña permiso para que os párrocos podan utilizar armas de fogo.

As gavelas contaban con redes de confidentes que lles informaban dos obxectivos máis atractivos. E ademáis, receptadores e alcaiotes, moitos deles mulleres, encargaríanse de vender o botín nas feiras e mercados.

A actividade bandoleira é intensa na primeira metade de século. A partir da segunda metade diminúe considerablemente debido á estabilidade política, á unha maior eficacia na represión da criminalidade -creación da Garda Civil- e ao conxunto de reformas administrativas emprendidas polos gobernos liberais.

Na comarca do Eume son alomenos tres as gavelas das que se teñen noticia. Unha delas, con centro en Pontedeume, estendía as súas accións por Xubia, Moeche, As Pontes, Caaveiro... Estaba dirixido por Luis Prieto, morto en 1826 nun encontro con voluntarios realistas, pasando logo a estar capitaneada por un desertor do Exército, Gregorio Fernández, que morreu na aplicación da lei de fugas. Outra gavela operaba tamén nas proximidades de Pontedeume, onde se adicou a asaltar, entre 1820 e 1824 as rectorais de Espiñaredo, Cabalar, A Capela e a igrexa de Goente. A terceira tiña como centro As Pontes. Entre os seus membros, que foron na súa maioría encarcerados, figuraban: Antonio San Esteban, alias "Moreno", José Palma, Luis Antonio Ferro e o seu fillo Manuel, Vicente Ferreiro e Pedro Castelo Toxeiro. Cometían os seus delictos no Freixo, onde asaltaron a casa do crego Juan de Roca y Pardiñas (1824), e Monfero, onde roubaron a un comerciante maragato.

Entre as aportacións máis recentes da nosa literatura atópanse as novelas Pepa a Loba, de Carlos G. Reigosa, semblanza da máis coñecida e lexendaria bandoleira galega, e Morning Star, de Xosé Miranda.

(Información obtida a partir do libro de Beatriz López Morán, El bandolerismo gallego en la primera mitad del siglo XIX, e do artigo Bandoleiros na comarca do Eume, de Carmen Otero e Manuel Domínguez).

Los "Caballeros de la Luz nº 61": un taller masónico nas Pontes

A Masonería tivo en Galicia un temprano desenvolvemento. Dúas das primeiras loxias que apareceron en España despois da guerra da Independencia (a "Logia Constitucional de la Reunión Española" e "Los Amigos del Orden") tiveron a súa sede na Coruña, feito que non foi alleo á puxanza que na cidade adquiriu a burguesía e á aparición dun pensamento político liberal.

Un interesante testemuño da presenza da Masonería na nosa Comarca é unha "plancha" ou documento que da conta da existencia, a fins do século XIX, dun taller masónico -ou mellor, "triángulo", dado o escaso número dos seus membros- en As Pontes. Velaquí o texto:
"A.L.G.D.G.A.D.U.
La respetable logia simbólica Caballeros de la Luz nº 61, al ilustre y poderoso hermano Isidro Villarino. Paz. Tolerancia. Verdad.
Ilustre y poderoso hermano: tengo el gusto de remitiros adjunto el cuadro lógico de los obreros de este taller; así como una nota de los hermanos que cotizan en esta logia, pero que no figuran como miembros activos de la misma, efecto de la distancia a que tienen su domicilio.
Excuso decirle la alegría que experimentamos todos los obreros de este taller al saber la elección del hermano Demófilo para Gran Maestre.
Los católicos inventaron que su Espíritu Santo inspira a los prelados en sus concilios para el nombramiento de Papa o Papisa; nosotros creemos que el espíritu del gran apóstol Chíes os ha inspirado para que eligiéseis a su hermano querido.
Mucho esperamos de las virtudes y grandes conocimientos de Demófilo y no dudamos que el Gran Arquitecto del Universo le librará de las acechanzas de los secuaces de Loyola.
Recibid querido hermano el abrazo fraternal de los obreros de este taller y la consideración y respeto de vuestro hermano.

Víctor Manuel Sueiro

Valles de los Puentes de García Rodríguez. Diciembre 28 de 1893 (era vulgar)"

Mencionamos a continuación o cadro lóxico deste taller:

Fernández, Manuel. Segundo Vixiante e Secretario
Somoza, José. Primeiro Vixiante e Orador
Sueiro Mallo, Víctor Manuel. Venerable Mestre
Venerable Mestre Vilaboy, José. Garda Templo

(Información recollida da obra de Alberto Valín Fernández Galicia y la Masonería en el siglo XIX, Ediciós do Castro, Sada, 1990)



domingo, 22 de marzo de 2009

España invertebrada


Ortega e Gasset, no seu ensaio de 1921 España invertebrada, pretende correxir o pensamento político dominante durante a Restauración Borbónica (época na que comezaban a brotar os movamentos nacionalistas), e que atribuía a Cataluña e Biscaia o mal radical do nacionalismo. Para a maior parte da xente tratábanse de movementos artificiosos que, extraídos da nada, sen causas e motivos profundos, comezaran de súpeto, sen ser unidades distintas aos do resto de España.. Para Ortega e Gasset a culpa non é dos cataláns nin dos vascos, senón do poder central que é o primeiro en mostrarse particularista. Non basta cun pasado común, España vaise desfacendo pouco a pouco. O poder público pretende que os españois existamos como unidade para poder existir como tal, sen ter en conta as particularidades propias das diferentes rexións.

miércoles, 11 de marzo de 2009

Caciquismo en Galicia


Durante a restauración borbónica o sistema caciquil en Galicia estivo moi arraigado debido a que a maioría da poboación se atopaba no rural, o atraso económico, a dispersión da poboación, a debilidade do Estado, a quenda pacífica e o fraude electoral. Este peculiar sistema estaba baseado no intercambio de favores políticos e económicos e estaba relacionado cun pequeño número de poderosas familias asociadas ao partido Conservador ou ao Liberal. Estas familias, unidas por vínculos de sanque ou de intereses arredor dunha personalidade pública, exercen e controlan o poder político nunha deteerminada zona.
O proceso de formación destas familias caciquís é moi semellante en todas elas. Unha persoa de clase media-baixa (ou de boa posición social e económica) intenta buscar relacións locais. A continuación, intentan conseguir que un membro da súa familia trienfe un Madrid coma avogado ou nalgún Ministerio. O seu éxito permitiralle ir entrando pouco a pouco na político ata que logre ser incluído no selecto e restrinxivo círculo de deputados e presentarse coma un candidato por un dos partidos da quenda. A súa familia en Galicia garántelle os votos debido ao intercambio de votos por favores (cargos, concesións públicas…) o que converte ao xefe de familia no cacique da zona. Ao seu carón vaise tecendo unha ampla rede de parentescos. Destacan catro grandes familias, dous do Partido Conservador ( Bugallal e González Besada) e dous do partido Liberal (Montero Ríos e Gasset).

O republicanismo en Galicia durante a Restauración borbónica


Debido ao desenvolvemento do rexionalismo galego e a coincidencia na defensa da autonomía política para Galicia, algúns respublicanos, sobre todo federais,buscaron unha certa aproximación a partires da década de 1880. Así, Aureliano Pereira, fundou a Asociación Rexionalista lucense. En 1813 republicanos e rexionalistas, participaron xuntos na protesta contra o Goberno polo intento de suprimir a Capitanaría da Coruña e crearon Xunta de Defensa de Galicia e, debido ao apoio popular, conseguiron evitar a súa eliminación.
Sen embargo, as súas diferenzas ideolóxicas fixeron moi dificil calquer tipo de unión.
O fracaso elctoral e a imposibilidade de intervir nas accións de goberno,fixeron que moitos republicanos galego se incorporaran ao partido de Sagasta.
A pesares de que na meirande parte das cidades galegas consideraban aos republicanos coma unha minoría mas avida, na Coruña conseguiron manterse unidos en torno ao Casino Republicano e á Unión Republicana local, contando con figuras tan importantes cma Perez Costales, Moreno Barcia ou Casares Paz. Durante algún tempo, dominaron por ampla maioría o Concello, aínda que o alcalde era monárquico (nomeado polo Goberno). Aínda así, a súa capacidade para alterar as bases do sistema parecía estancada.