sábado, 31 de enero de 2009

Batalla de Elviña

O pasado 16 de xaneiro cumpríronse 200 anos da batalla de Elviña, un de tantos capítulos da loita contra o Imperio Napoleónico francés na Guerra da Independencia española. Tropas inglesas prestaron a súa axuda e loitaron a carón das españolas contra os invasores galos.
O exercito inglés, mandado polo xeneral escocés Sir John Moore, e presionado polo exercito francés o mando do mariscal Soult, comenza unha retirada dende terras leonesas en dirección norte, que os leva a cruzar toda Galicia coa intención de embarcar na Coruña.
O obxetivo inglés era protexer o porto coruñés para permitir o embarque das tropas, mentras que os franceses intentaban chegar a costa para evitar o acceso as naves e incluso afundilas.
A última liña de defensa constitúese en Elviña, nas inmediacións da Coruña nas que se achaban fondeados os barcos da Royal Navy, dispostos para evacuar.
O 16 de xaneiro de 1809 prodúcese o encontro entre o minguado exercito inglés, situado nos montes próximos o río Maro e o francés, atopado en Peñasquedo. O xeneral Moore, collendo o mellor que quedaba das tropas británicas, propúxose a protexer a evacuación enfrentándose aos franceses e conseguiu evitar a destrución total, dándolle tempo a embarcar nos navios ancorados no porto. O propio Moore foi ferido de morte na batalla por un proxectil de canón, pero coa satisfacción de ver o seu exército a salvo.


jueves, 22 de enero de 2009

O primeiro atentado político

Afogada polas tropas da Santa Alianza a curta experiencia liberal do Trienio, Fernando VII designará como Capitán Xeral da levantisca provincia de Galicia a Nazario Eguía, sobriño de Francisco Eguía, o que fora artífice do pronunciamento absolutista de 1814. Este Eguía exerceu o cargo de 1824 a 1832 de forma case ininterrumpida e destacou pola súa entrega desinteresada á causa do absolutismo. O seu mandato coincidiu co doutro furibundo absolutista ao fronte da mitra compostelana, o arzobispo Rafael de Vélez, autor, entre outras obras, do "Preservativo contra la irreligión" e a "Apología del Trono y el Altar". Del deixou escrito o noso historiador Benito Vicetto:

"Considerando Eguía á Coruña como foco da Galicia liberal, propúxose acabar oficialmente con esa cidade. Descargando sobre ela a súa man férrea, trasladou a Compostela a Capitanía Xeral, a Audiencia e demáis autoridades da provincia. Centro xa Compostela da Galicia teocrática, sendo capitán xeral do antigo Reino, agora viña a ser como a corte do partido clerical galaico, e o seu arzobispo o tsar (...) Presentíase xa no horizonte político o advenimiento de Calomarde, e que a súa sombría figura ía a cubrir con as súas negras e sanguentas ás as liberdades públicas, non respirando ninguén senón o calor das fogueiras inquisitoriais".

A política represiva de Eguía atopou resposta o 23 de outubro de 1829. Ese día o Capitán Xeral recibiu unha misiva coa seguinte indicación: "reservadísimo, plan de una conspiración de liberales cerca del general Eguía, del que sólo debe enterarse él". A rotura do sobre provocou o encendido do fulminante e o estoupido lle provocou a perda dunha man e parte doutra.
As sospeitas recaeron nun farmaceútico de Ribadavia, Jose María Chao Rodríguez, pai do historiador e ministro de Fomento Xosé María Chao, que foi detido e desterrado. Pero nunca se poido demostrar a súa participación. De resultas do atentado, o rei Fernando VII lle concedeu a Eguía o privilexio de firmar con estampiña.

miércoles, 21 de enero de 2009

Calomarde


Francisco Tadeo Calomarde de Retascón y Arriá naceu en Villel o 10 de febreiro de 1773 no seo dunha familia de humildes labradores, quen lle ofreceu a oportunidade de recibir unha educación superior á súa clase social. Con 15 anos comezou os seus estudos de Filosofía e Leis na Universidade de Zaragoza. Rematada a carreira, comezou a escribir discursos e informes que presentou ante as Reais Sociedades Económicas de Amigos do País para promover a agricultura e a economía no contexto ilustrado español.
Máis tarde, transladouse a Madrid, onde obtivo unha carta de recomendación dun amigo seu para Antonio Beltrán, valido de Carlos IV. Hospedouse na súa casa e fíxolle as beiras á súa filla, Juana Beltrán, o que favoreceu a súa entrada na Corte. Antonio Beltrán conseguiulle ao seu futuro xenro, unha praza de oficial na secretaría de Gracia e Xustiza de Indias. Mais cando Calomarde toma posesión do cargo, pon en entredito a boda, feito que enoxou a Antonio Beltrán. Este, queixouse a Godoy, quen lle deu a escoller entre a cárcere ou o altar, polo que en 1808 casou con Juana Beltrán. Co estalido do motín de Aranxuez, Calomarde rompeu o seu matrimonio con Juana.
Durante a Guerra de Independencia, permaneceu en España, opúxose á ocupación francesa e defendeu a tradicional e conservadora forma absolutista do poder. Tamén mostrou a súa oposición ás Cortes de Cádiz. Trala volta de Fernando VII ocupou diversos postos de importancia: Foi nomeados fiscal do Tribunal Especial de Ordes, oficial maior da Secretaría de Estado e Despacho Universal de Indias, o rei recompensouno coa subsecretaría de Graza e Xustiza...
Nembargantes, co Trienio Liberal (1820-1823) e co xuramento á Constitución por parte do rei Fernando, Calomarde (obxecto de odio para os liberais) permaneceu en Pamplona. Volvendo dous anos mais tarde a Madrid. Coa chegada dos Cen Mil Fillos de San Luis, nomeouse unha Rexencia e Calomarde foi o seu secretario. Co retorno do rei, convertiuse na man dereita do monarca, tendo unha gran influencia nel. Por aquel entonces, había dous partidos que disputaban o favor do rei; un era o moderado realista ( Francisco Cea Bermúdez estaba á cabeza) e outro era o ultra-realista (á cabeza do cal estaba o propio Calomarde). A política educativa de Calomarde ( Plan Xeral de Estudos do Reino) levouno a modificar de forma radical as ensinanzas universitarias, suprimindo gran parte dos estudos científicos a favor do Dereito e da Teoloxía. Chegou incluso a crear escolas de tauromaquia e a realizar reformas na educación primaria.
Durante o conflito sucesorio entre o infante Carlos (irmán de Fernando VII) e Isabel (filla do rei), apoiou ao primeiro por ser partidario de defender a Lei Sálica. Conspirou activamente e, cando o rei caeu gravemente enfermo tras derrocar a Lei Sálica (A Pragmática), conseguiu que este firmara un Decreto para volvela poñer en vigor. Por isto, a infanta Luisa Carlota lle deu unha labazada diante de toda a Corte, o que motivou que dixera a famosa frase: “Manos blancas no ofenden”.
Cando o rei se recuperou, puxo de novo en vigor a Pragmática e Calomarde foi desterrado a Teruel. Tras a orde da súa detención, huíu a Roma e mais tarde, instalouse en Toulouse (Francia) onde axudou a numerosos exiliados españois de todas as ideoloxías políticas. Morreu nesta cidade o 19 de xullo de 1842.

sábado, 10 de enero de 2009

As Sociedades Patrióticas


Trala revolución de Riego,que daría lugar ao Trienio Liberal (1820-1823), os liberais acostumaban reunirse para comunicarse as novas, ler os xornais, propoñer ideas, solucións... Xurdiron así, as Sociedades Patrióticas por toda España. Tratábanse dunha especie de clubes cuxa función era a de difundir o liberalismo ao pobo nos locais onde celebraban os seus encontros. Se non chegaron a significar o que os clubes xacobinos supuxeron en Francia, si que son moi importantes para entender a política do Trienio. As Sociedades Patrióticas tiñan coma lugares de reunión dende os cafés públicos, ata as casas particulares, pasando polos teatros e os conventos desamortizados. Unha das máis famosas foi a que tiña por sé o café La Fontana de Oro en Madrid e que deu título a unha coñecida novela de Benito Pérez Galdós. Proliferaron tamén estas sociedades no sur de España e, especialmente, en Cádiz, Sevilla, San Fernándo, Granada... Señálase que chegou a haber 270 fundadas en 164 vilas e cidades de toda España. As Sociedades Patrióticas reflectiron unha notable diversidade ideolóxica, nun momento no que reinaba no país a confusión e a volubilidade das diferentes actitudes políticas. Tamén mostraron unha gran diversidade no plano rexional e local, seguindo as modalidades particulares de cada zona.
Aínda que continuou habendo Sociedades Patrióticas durante todo o século XIX, tiveron o seu maior apoxeo no Trienio Liberal (1820-1823).